O Huawei Honor 2 chega como un completo móbil con Android 4.0 e prezo axustado

luns, 29 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante chinés Huawei continúa a reforzar o seu catálogo de móbiles con terminais con Andorid 4.0 de grande potencia como o Huawei Honor 2, que está bastante lonxe do que nos tiña afeito esta compañía, ao chegar cunhas prestacións bastante elevadas para o axustado prezo que caracteriza á empresa chinesa. O Huawei Honor 2 ten unha pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles (ou sexa, a mesma resolución que a pantalla Retina do iPhone 5, pero cun maior tamaño de pantalla), procesador de 4 núcleos a 1,4 GHz, 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, GPS, USB 2.0, batería de 2.230 mAh, un grosor de 10,5 milímetros e un peso duns 145 gramos, que sairá á venda en China esta semana por 1.888 iuans (231,98 euros), prezo difícil de mellorar por parte de móbiles semellantes.

JPEG - 52.5 KB
O Huawei Honor 2 goza dunha pantalla de alta definición de 4,5 polgadas que pode rivalizar coa do iPhone

PUBLICIDADE