O Huawei Mate Xs custará 2.499 euros
luns, 24 de febreiro do 2020
Hai un
ano Huawei presentou o seu smartphone encartable, produto que non chegou
ao mercado até o mes de novembro e que fóra de China non chegou a ter unha
comercialización ordinaria, resultando bastante curioso que hoxe realizasen por
streaming a presentación programada para o Mobile World Congress
anunciando produtos que, pese a non poder contar cos servizos de Google, vaian comercializarse
globalmente, co previsible rexeitamento do público non chinés.
Tamén semella un tanto absurdo que nun momento de retracción comercial Huawei
abra en Barcelona a súa segunda tenda emblemática de España, pois non
parece previsible que a compañÃa chinesa vaia recuperarse comercialmente no
noso territorio a medio prazo, xa que o bloqueo comercial imposto polos EE.UU.
provoca que estean nunha posición que non lle permite competir no mercado
actual.
No que respecta ao smartphone encartable de Huawei, temos que a compañÃa
presentou o seu sucesor, o Huawei Mate Xs, que mantén
o seu formato cunha pantalla encartable de 8 polgadas que mantense no exterior
do dispositivo cando o dobramos, e chegará cun mellor soporte da conectividade
5G. Este terminal móbil funciona cun procesador Kirin 990 5G, cámara cuádrupla certificada
por Leica e baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 55 watts. AÃnda que o máis
rechamante de todo é que Huawei pretende pór á venda o mes que vén con 8 GB de
RAM e 512 GB de almacenamento interno a un prezo de 2.499 euros, prezo que poucos
estarán dispostos a pagar por un dispositivo tan problemático a nivel de software.
VÃdeo promocional do Huawei Mate Xs
Pero non é o único produto presentado por Huawei, senón que tamén ten a nova
tableta MatePad
Pro 5G, con pantalla de 10,8 polgadas, procesador Kirin 990 5G, 6/8 GB de
RAM, 256 GB de almacenamento interno e baterÃa de 7.250 mAh con carga rápida de
40 watts e carga reversible (por cable e sen fÃos), que pode completarse cun
Huawei M-Pencil cunha sensibilidade de 4.096 niveis de presión e un teclado externo
con suxeición magnética.
Estamos ante un produto que serÃa o máis semellante a un iPad Pro con Android
10 agás polo feito de que, ao carecer dos servizos de Google, resulta moi pouco
práctico para usuarios europeos. Está previsto saia á venda en abril a un prezo
de 749 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, aÃnda que tamén haberá
un modelo sen 5G con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento a 549 euros, que
poderÃa chegar a ter unha boa aceptación se non fose polos problemas de
software de Huawei. De feito, a propia Google
advirte de que a instalación dos seus servizos en dispositivos novos de Huawei
para os que non están certificados supón un alto risco de seguridade, xa
que non se saber realmente o que se está a instalar (podendo incluÃr malware).
VÃdeo promocional do Huawei MatePad Pro 5G
Outros produtos de Huawei que probablemente si terán unha comercialización máis normal serán os seus novos ordenadores portátiles: os Huawei MateBook X Pro e os Huawei MateBook D.