O Huawei P50 chegará con grandes cámaras e HarmonyOS
mércores, 2 de xuño do 2021
Huawei está a perfilar o seu futuro lonxe da tecnoloxía de
Google, de aí que veñan de presentar unha chea de produtos que funciona con
HarmonyOS, sistema operativo baseado en Android, pero independente de compañías
estadounidenses, para así poder manterse a longo prazo con seguridade.
Dos produtos presentados por Huawei temos monitores e ordenadores (que
comercializaranse sen problema), tabletas e reloxos (que chegarán co novo
sistema operativo) e, finalmente, tamén smartphones, sendo a primeira familia
en dar este salto a do Huawei P50, un novo móbil insignia do que deixaron albiscar
os seus módulos de cámara, constatando que manterán a súa aposta polo
apartado fotográfico, no que Huawei leva anos sendo líder.
Este novo smarphone presentarase oficialmente nos vindeiros días, aínda que
será difícil predicir cando chegará ás tendas, xa que actualmente teñen grandes
problemas de produción, como boa parte da industria a nivel global.
Pero o avance de Huawei lonxe das redes de Google non se limitará aos novos
produtos, senón que tamén prevén a actualización a HarmonyOS aos produtos das
familias Mate40, Mate30 e P40, que nos últimos meses tiveron serios problemas
para atopar un oco no mercado, xa que os consumidores consideraban inaceptable
a adquisición de móbiles de alta gama son aplicacións fundamentais como as de
Google e Facebook, atranco que HarmonyOS tampouco supera, polo que o futuro de
Huawei fóra de China continúa a ser toda unha incógnita.
Presentación das novidades sobre HarmonyOS por parte de Huawei