O IREX DR800SG anima o sector dos e-books cunha pantalla de 8,1 polgadas e conectividade 3G
xoves, 24 de setembro do 2009
IREX Technologies
presentou esta semana o seu dispositivo de lectura de libros electrónicos
DR800SG, que é un dispositivo
baseado en E Ink cunha pantalla táctil de 8,1 polgadas (precisa de stylus para o seu uso), lectura de
tarxetas SD (inclúe unha de 2 Gb) e conectividade móbil 3G, de xeito que
poderÃa converterse nun rival para o Amazon Kindle que funcionarÃa sen problema
tanto en redes de telecomunicacións americanas coma europeas.
O IREX DR800SG é compatible con
formatos coma PDF, EPUB, Newspaper Direct, Fictionwire, eReader e TXT, podendo
acceder ao catálogo con 750.000 tÃtulos da tenda de descargas de Barnes
& Noble, de xeito que superarÃa a oferta do Amazon Kindle (cuns
350.000 libros).
- O IREX DR800SG sae moi ben parado ao compararse co Amazon Kindle 2 e o Sony Reader Daily Edition
Este dispositivo sae á venda en outubro nos EE.UU. por 399,99 dólares (271,26 euros)
mentres que en Europa deberemos agardar á primeira metade de 2010 para poder
adquirilo. Nun principio non é preciso contratar unha tarifa de datos móbil co
DR800SG, pero non resultarÃa sorprendente que IREX chegase da man dalgunha
operadora de telecomunicacións (que están moi interesadas no negocio do libro
electrónico tras comprobar o seu éxito nos EE.UU.).
AÃnda que este dispositivo non pareza moi innovador, o certo é que supón
unha mellora na calidade deste tipo de trebellos, conseguindo unha
área de lectura superior ao Kindle ou ao Sony Reader Daily Edition (os
seus competidores máis directos) aÃnda que inferior ás 9,7 polgadas
do Kindle DX. A pantalla tamén conta con menos reflexos que os outros
dispositivos mencionados, presenta 16 niveis de gris, aproveita mellor o seu
espazo (de xeito que ten un tamaño semellante a un Kindle, pero cunha pantalla
maior), presenta un deseño moi sinxelo e resulta moi doado de manexar tanto cos
seus botóns coma co stylus.