O Kindle básico incorpora luz frontal
mércores, 20 de marzo do 2019
Amazon
anunciou hoxe a renovación do seu lector de libros electrónicos máis básico, o
Kindle, que pode mercarse por
89,99 euros a partires de hoxe, aínda que non comezará a enviarse aos
compradores até o 10 de abril e que sería o primeiro Kindle con luz frontal en
custar menos de 100 euros, aínda que os que queiran prescindir de tal
funcionalidade teñen agora dispoñible o Kindle de 2016 a un prezo
de só 69,99 euros (o que tamén é unha boa oportunidade para introducirse
nos eReaders).
O novo Kindle ten un deseño renovado, máis lixeiro e delgado, sendo máis doado
de suxeitar durante horas de lectura. A súa pantalla de tinta electrónica tamén
presenta un mellor contraste e panel táctil capacitivo, aínda que mantén a súa resolución
de pantalla en 167 puntos por polgada, ou sexa, que o Kindle Paperwhite
continúa a ser unha opción moi superior (coa súa pantalla con resolución de 300
puntos por polgada e resistencia á auga), de xeito que este produto vai
destinado principalmente a quen quere gozar dos libros electrónicos a un prezo
axustado.
- A luz frontal permite gozar da lectura nun Kindle nun maior número de situacións