O Kobo Clara HD proponse como unha boa alternativa ao Kindle Paperwhite
martes, 29 de maio do 2018
O vindeiro
5 de xuño sairá á venda en España o lector de libros
electrónicos Kobo Clara HD, que xa pode reservarse a un prezo de 129,99
euros, converténdose nunha alternativa moi interesante ao Kindle Paperwhite,
especialmente para usuarios que non queren atarse aos servizos de Amazon. AÃnda
que pode parecer que este produto de Kobo ten o mesmo prezo que o de Amazon, é
lixeiramente máis barato, xa que de serie non inclúe publicidade, mentres que
os Kindle teñen un prezo superior de mercarse sen ofertas especiais.
Este eReader ten unha pantalla de 6 polgadas con tecnoloxÃa Carta E-Ink cunha
resolución de 300 puntos por polgada con iluminación ComfortLight PRO (que
reduce a exposición á luz azul para unha lectura máis cómoda), unhas dimensións
de 159,6 x 110 x 8,35 milÃmetros e un peso de 166 gramos. O dispositivo pode ler
documentos en numerosos formatos (EPUB, EPUB3, PDF, Mobi, JPEG, GIF, PNG, BMP,
TIFF, TXT, HTML, RTF, CBZ e CBR) que poden almacenarse nos 8 GB de
almacenamento interno e que conta con conectividade tanto micro-USB como Wi-Fi
N.
O lector de libros electrónico pode sincronizarse coa aplicación móbil de
Rakuten Kobo (con acceso a un catálogo de máis de 5 millóns de tÃtulos), de
xeito que poden continuarse as lecturas no smartphone ou na tableta no punto
onde se deixaron.
VÃdeo promocional do Kobo Clara HD