O Kyocera Urbano Progresso chega como un móbil sen altofalantes
martes, 15 de maio do 2012
Kyocera
anunciou hoxe no Xapón o seu móbil
Urbano Progresso, que destaca por aproveitar
a transmisión do son a través dos osos (Smart
Sonic Receiver) como alternativa aos altofalantes tradicionais, o que
facilitaría o seu uso por parte de persoas con problemas auditivos e en
ambientes ruidosos. Este curioso móbil non se limita a contar con ese
revolucionario sistema, senón que tamén vén bastante ben equipado, cun procesador
de dobre núcleo Snapdragon MSM8655 a 1,4 GHz, pantalla OLED de 4 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 píxeles, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 8,1 Mpíxeles e VGA, NFC,
batería de 1.500 mAh, unhas medidas de 64 x 125 x 10,8-11,3 milímetros, un peso
de 139 gramos e o sistema operativo Android 4.0, polo que pode enfrontarse cara
a cara coa meirande parte dos terminais de gama media-alta, contando tamén coa posibilidade
de operar baixo redes WiMAX.
O smartphone Kyocera Urbano Progresso
estará dispoñible con carcasas de cor laranxa, prata e rosa a través do
operador de telefonía KDDI, descoñecéndose polo momento se chegará a saír do mercado
asiático.
- O Kyocera Urbano Progresso estará dispoñible en 3 cores