O LG Arena chega cunha nova interface 3D

martes, 17 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

LG chegou ao Mobile World Congress de Barcelona amosando o seu novo terminal insignia, o LG KM900 Arena, que é un impresionante móbil con pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 8 Gb de memoria interna (ampliable con tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb), cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático capaz de gravar vídeo a calidade DVD, Wi-Fi, A-GPS, HSSDPA, acelerómetro, saída de televisión e unha completa reprodución multimedia, que vai dende son envolvente de alta calidade e a non menos destacable reprodución de DivX e Xvid. Tamén inclúe transmisor de radio FM e conector para auriculares de 3,5 mm.
O novo móbil de LG, que chegará ás tendas o mes que vén, será o primeiro en incorporar a interface de usuario S-CLASS 3D, na que os diferentes menús forman parte dun cubo 3D no que podemos navegar mediante xestos táctiles e que é realmente fluída e suave.
No tocante á súa autonomía, a súa batería permite a reprodución de música en MP3 durante 30 horas, así como unha autonomía de 12,5 días en espera.


Presentación do novo LG Arena

PUBLICIDADE