O LG G4 Beat será unha versión de gama media do LG G4

xoves, 9 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O LG G4 está a ser un terminal bastante ben recibido, e para achegar os seus detalles máis identificativos a un maior público LG anuncia que este mes vai pór á venda en distintos mercados de Europa e América Latina o seu novo LG G4 Beat, que será un teléfono de gama media bastante atractivo, que contará cunha pantalla IPS Full HD de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,5 GHz, 4G, 1,5 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, NFC, batería de 2.300 mAh, sistema operativo Android 5.1.1, un grosor de 9,85 milímetros e un peso de 139 gramos, que estará dispoñlble con carcasas de cor branca, dourada ou prata.
Temos así un smartphone cunha boa pantalla e unha boa autonomía, que fuxiría dos procesadores máis potentes e das cámaras de alta resolución para ofrecer un produto de grande calidade a un prezo axustado (que anunciarase en cada mercado no momento do seu respectivo lanzamento).

JPEG - 83.8 KB
Pese a gozar de prestacións reducidas, o LG G4 Beat será un smartphone cun deseño atractivo e unha boa autonomía

PUBLICIDADE