O LG Prada incorporará teclado QWERTY deslizante

luns, 13 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O móbil LG KE850, máis coñecido coma LG Prada, vai renovarse, e aparte da súa grande pantalla táctil tamén vai integrar un teclado QWERTY deslizante, aínda que vai chegar a un prezo un tanto elevado, pois aínda que o modelo actual custa entre 0 e 349 euros o LG Prada II custará 600 euros libre, estando España entre os 6 países nos que se lanzará este novo terminal antes de rematar o ano.
O novo LG Prada continúa a apostar por unha interface de uso moi sinxela, un tacto metálico agradable e unha estética coidada, o que non se consigue en detrimento de prestacións, pois falamos dun terminal 3G con videochamada, conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps, navegador web completo, cámara de 5 Mpíxeles e Wi-Fi.

PUBLICIDADE