O LG Viewty Smart combinará cámara de 8 MpÃxeles e reprodución de DivX
xoves, 16 de abril do 2009
Durante varias horas, un
blog alemán de LG filtrou información e imaxes do que será o móbil
LG GC900 que ata o momento coñeciamos coma Viewty II e que finalmente poderÃa
responder ao nome de Viewty Smart.
Estariamos ante un móbil 3G (con soporte de ata HSDPA a 7,2 Mbps) cunha
pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 480 x 800 pÃxeles, cámara de
8 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo a 720 x 480 pÃxeles e xeolocalizar fotografÃas
(conta con receptor A-GPS). Tamén contará con Wi-Fi, Bluetooth estéreo,
reprodución de vÃdeo (MPEG-4, WMV, AVI, DivX, Xvid e H.264), música (MP3, AAC,
AAC+, eAAC+ e WMA) e radio FM. Como almacenamento emprega tarxetas
microSD/microSDHC. Pese a todas estas elevadas prestacións, o terminal logra
conter o seu grosor en só 12,4 milÃmetros e o seu peso en 90 gramos.
- O terminal fará uso da interface de usuario 3D S-Class, e a súa cámara rexistrará tanto fotografÃas a 8 MpÃxeles coma vÃdeo a 720 x 480