O LG Watch Urbane renóvase para incorporar conectividade móbil
xoves, 12 de novembro do 2015
Os smartwatches continúan a avanzar, atendendo demandas dos
usuarios como a necesidade de poder funcionar con independencia do smartphone,
o que levou a LG a lanzar unha segunda
edición do seu LG Watch Urbane que é o primeiro smartwatch con Android Wear
en contar con conectividade móbil, e que este
mes comezará a vender nos EE.UU. e Corea do Sur, para chegar logo a Europa.
Este smartwatch compatible con smartphones con Android e iOS permite que os
usuarios poidan responder chamadas e comprobar mensaxes sen o apoio dun
smartphone emparellado por Bluetooth ou Wi-Fi, de xeito que será posible, por
exemplo, practicar deporte sen ter que cargar co smartphone, sen perder asÃ
ningunha información importante.
A segunda edición do LG Watch Urbane é un reloxo de formato clásico, cunha
caixa de aceiro inoxidable, pantalla circular P-OLED cunha resolución de 348
puntos por polgada (ou sexa, de 480 x 480 pÃxeles), baterÃa de 570 mAh (con
modos de aforro de enerxÃa) e tres botóns laterais: un para acceder aos
contactos favoritos, outro para alternar os distintos modos de funcionamento a
aplicacións, e o terceiro para acceder ás funcionalidades de saúde.
Este reloxo cun diámetro de 45,5 milÃmetros ten un grosor de 14,2 milÃmetros,
768 MB de memoria RAM, 4 GB de almacenamento interno, resistencia á auga (IP67)
e conectividade Bluetooth 4.1, Wi-Fi e 3G/LTE.
- O novo LG Watch Urbane é o primeiro reloxo con Android Wear e LTE