O Lenovo IdeaPad S2109 terá Android 4.0 e 4 altofalantes

martes, 10 de abril do 2012 Marcus Fernández

A chinesa Lenovo vén de presentar en vídeo o seu novo tablet IdeaPad S2109, que presume de funcionar con Android 4.0 e chega cunhas especificacións que poden lembrarnos a un iPad 2, por contar cunha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, aínda que muda noutros factores como contar só cunha cámara frontal de 1,3 Mpíxeles, destacar pola presenza de 4 altofalantes con son SRS TrueMedia, conectores microHDMI e microUSB e lector de tarxetas microSD. Consegue deixar o seu grosor en só 8,9 milímetros e a súa batería achégalle unha autonomía de 10 horas.
Polo momento non coñecemos detalles como a data de lanzamento e o prezo deste dispositivo, que entre outras cousas destaca por un deseño coidado e unha carcasa unibody que garante certa resistencia e elegancia, polo que non parece que vaiamos velo nas tendas a prezos tan económicos como nos teñen afeitos certos fabricantes chineses.


Vídeo promocional do Lenovo IdeaPad S2109

PUBLICIDADE