O Lenovo Z2 Plus venderase na India cun prezo contido e procesador Snapdragon 820
venres, 23 de setembro do 2016
Lenovo parece ter atopado certo equilibro no novo smartphone
que vai por á venda na India, o Lenovo
Z2 Plus, que chegará cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 820 e
estará dispoñible en dous modelos: un con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento
interno que custará 17.999 rupias (240 euros), e outro con 4 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento interno que venderase por 19.999 rupias (267 euros).
Estamos practicamente ante unha variante
do ZUK Z2, que está á venda en China, e con estes terminais Lenovo terÃa
demostrado ser quen de colocar trebellos con prestacións de alta gama e
elegante deseño, pero cun prezo de gama media.
Unha das cousas que sorprenden á hora de vender o Lenovo Z2 Plus é que inclúe a
aplicación U-Health, que fai uso dos sensores do teléfono para medir pasos,
calorÃas, distancias... ou sexa, que quere entenderse como un accesorio
atractivo para os que practican deporte e, precisamente por iso o Z2 Plus é
compatible con sensores ANT+ e con rede de posicionamento por satélite Glonass.
Este terminal con lector de pegadas dixitais optou por aproveitalo como botón
multi-función, no que dan en chamar U-Touch 2.0, e que con distintos xestos
permite servir de botón de retroceso, invocar ao centro de notificacións, mudar
de aplicación activa, acceder ás aplicacións recentes, ir a inicio ou chamar a
Google Now, o que, sumado ao feito de que o trebello só ten un ancho de 68,8
milÃmetros, convérteo nun smartphone doado de empregar cunha única mal, algo
bastante complicado de facer cos terminais actuais con grandes pantallas. De
feito, o Lenovo Z2 Plus, pese a ter unha pantalla Full HD, non apostou polas
5,5 polgadas, senón por unhas moderadas 5 polgadas, que o converten en moi
atractivo para os que queiran ter un bo móbil que sexa á súa vez manexable.
Outros dos puntos fortes deste smartphone é a súa cámara traseira de 12
MpÃxeles (cun tamaño de pÃxel no seu sensor de 1,34 micrómetros) á vez que
tamén grava vÃdeo en 4K. A cámara frontal tampouco queda curta cos seus 8
MpÃxeles (e un tamaño do pÃxel no sensor de 1,4 micrómetros) e apertura f/2.0.
Para completar as especificacións deste móbil que sae á venda o vindeiro dÃa 26
está a súa xenerosa baterÃa de 3.500 mAh, tamaño bastante elevado para un dispositivo
con este tamaño de pantalla.