O MOTOACTV preséntase como un excelente complemento deportivo

martes, 18 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Pensando nos deportistas Motorola Mobility vén de presentar o MOTOACTV, un dispositivo que pode levarse como un reloxo de pulso ou un brazalete, que serve para rexistrar o desenvolvemento deportivo e facer de reprodutor multimedia, de só 35 gramos de peso, que venderase en versión con 8 ou 16 Gb de capacidade, e que conta cunha pantalla táctil resistente á auga, a suor e as rabuñaduras de 1,6 polgadas, a posibilidade de sincronizar con móbiles Android para poder recibir chamadas en mensaxes durante os adestramentos, radio FM, Bluetooth 4.0 e compatibilidade con dispositivos ANT+ e unhas medidas de 46 x 46 x 9,6 milímetros.
Este novo dispositivo é capaz de rexistrar a distancia, a velocidade e as calorías consumidas, así como o percorrido realizado grazas ao seu GPS interno, podendo trasladar esa información ao ordenador e mesmo compartila vía web (conta con conectividade Wi-Fi N), e en combinación cos auriculares Bluetooth SF700/SF500 tamén pode achegar información sobre a frecuencia cardíaca. A súa batería de 258 mAh achega unha autonomía de 5 horas de adestramento en exteriores, 10 horas en interiores, 20 horas de reprodución musical e 325 horas en espera. Sairá á venda o 6 de novembro nos EE.UU. a prezos de 249 dólares (o modelo de 8 Gb) e de 299 dólares (16 Gb).

O MOTOACTV serve tanto como reprodutor multimedia como para realizar un rexistro dos nosos adestramentos

PUBLICIDADE