O Mac mini actualÃzase con configuracións extraordinariamente esixentes
martes, 30 de outubro do 2018
Os
usuarios de ordenadores de sobremesa de Apple que non gustaban dos iMac por mor
de querer empregar unha pantalla diferente á integrada nos todo-en-un da compañÃa de Cupertino levaban 4 anos esperando pola
renovación do Mac mini, equipo que por fin recibiu a actualización de rigor,
que ao chegar tan tarde supón un incremento de potencia sen precedentes
(funciona até 5 veces máis rápido que o modelo anterior).
Os novos Mac mini poden equiparse
con procesadores de 4 ou 6 núcleos (dende un Intel Core i3 até un Intel Core i7),
até 64 GB de RAM, almacenamento SSD de alta velocidade (entre 128 GB e 2 TB), 4
portos Thunderbolt 3 (compatibles con USB 3.1 e DisplayPort), saÃda HDMI 2.0, 2
portos USB 3, gráfica Intel UHD Grahics 630, Gigabit Ethernet (con opción de Ethernet
a 10 Gbps), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0... ou sexa, unha capacidade que deixa claro
que o tamaño non é o que mide a capacidade deste impresionante ordenador que
consegue ocupar só 19,7 x 19,7 x 3,6 centÃmetros e pesar 1,3 quilos.
Dado que a potencia non é mini,
tampouco o é o seu prezo, e os Mac mini cun procesador Intel Core i3 de 4
núcleos, 8 GB de RAM e 128 GB de SSD custan 899 euros, mentres que o modelo cun
procesador Intel Core i5 de 6 núcleos, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD chegarÃa até
os 1.249 euros. A versión máis completa, cun procesador Intel Core i7 de 6
núcleos, 64 GB de RAM, 2 TB de SSD e 10 Gigabit Ethernet terÃa un prezo de
4.969 euros, deixando claro que en equipos como este as aparencias enganan.
VÃdeo de presentación dos novos Mac mini