O Meizu MX2 chega a China cun procesador de 4 núcleos e 2 Gb de RAM
martes, 27 de novembro do 2012
Nos últimos días a cantidade de novidades en telefonía móbil
que veñen dende China resultan abafantes, dando a impresión de que estamos nun
mercado que xa non apuntan aos dispositivos de baixa gama e ten unha alta
competitividade no rango de móbiles con Android 4.x, e para continuar esta
guerra de trebellos chega agora o Meizu MX2, un novo
terminal que busca converterse en referente, que funciona cun procesador MX5S de
4 núcleos a 1,6 GHz (apoiado por unha gráfica un 30% superior en velocidade á
do Meizu MX), 2 Gb de RAM, 16/32/64 Gb de almacenamento interno, pantalla de
4,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles (o que supón unha
densidade de píxeles maior que as pantallas Retina de Apple) e cámara de 8
Mpíxeles, que pese a apuntar alto en prestacións chegará a mediados de decembro
a prezos de 2.499 iuans (310,27 euros), 2.999 iuans (372,35 euros) e 3.999
iuans (496,50 euros) para os modelo con 16, 32 e 64 Gb respectivamente.
O Meizu MX2 tamén conta con cámara frontal, dobre micrófono para a cancelación
de ruído ambiental, Bluetooth 4.0, batería de 1.800 mAh, GPS e capaz de
funcionar baixo redes HSPA+ na banda dos 2.100 MHz a velocidades de ata 21,6
Mbps e GSM/GPRS/EDGE nas frecuencias de 900 e 1.800 MHz.
- O Meizu MX2 chega a China cun prezo agresivo e elevadas prestacións