O Mi MIX Alpha terá pantalla envolvente e cámara de 108 Mpíxeles
martes, 24 de setembro do 2019
Hai tres
anos Xiaomi adiantouse a todo o mercado ao
presentar o seu Mi MIX, un smartphone que presentaba unha pantalla case sen
marcos, o que provocaba cento medo pola fraxilidade do terminal, e a renovación
desta liña de móbiles recupera ese aire innovador co Mi MIX Alpha, dispositivo
considerado un teléfono conceptual que, aínda que vai estar dispoñible
para o público, está claro de que a súa fabricación será bastante limitada.
O máis rechamante do Mi MIX Alpha, unha vez máis, será a súa pantalla, que
desta volta será envolvente, de xeito que ocuparía o 180,6% da súa frontal, xa
que a pantalla esténdese polos bordes laterais e chega incluso a abarcar boa
parte da traseira, até unha banda vertical que serve, entre outras cousas, para
albergar a cámara traseira de 108 Mpíxeles, ou sexa, que non conformes coa súa
revolucionaria pantalla tamén inclúe o sensor fotográfico de maior resolución
do mercado móbil.
A cámara traseira principal do Mi MIX Alpha ten un sensor de grande tamaño (un
389% superior ao das cámaras de 48 Mpíxeles) capaz de captar imaxes de 12.032 x
9.024 píxeles (que tamén pode agrupar os píxeles en grupos de 4 para conseguir
boas imaxes en condicións de baixa luminosidade) e incluso integra
estabilización óptica de imaxe de 4 eixes para conseguir unha boa gravación de
vídeo. Esta cámara está tamén acompañada por un sensor de ultra grande angular
de 20 Mpíxeles e un telefono de 12 Mpíxeles.
Aparte da súa pantalla envolvente, o Mi MIX Alpha tamén ten un marco de aliaxe
de titanio de grao aeroespacial (3 veces máis forte que o aceiro inoxidable e
máis lixeiro).
Este revolucionar smartphone funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon
855+, soportará 5G, e chegará con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento
interno, cunha batería de 4.050 mAh con carga rápida de 40 watts e un prezo de
19.999 iuans (2.560 euros), cando vexa a luz a finais de decembro.
- A pantalla envolvente do Mi MIX Alpha é toda unha revolución a nivel de deseño