O Mi Pad 4 podería considerarse a tableta con LTE máis asumible do mercado
luns, 25 de xuño do 2018
Nos últimos meses daba a impresión de que Xiaomi abandonara
o mercado das tabletas con Android ante a súa falta de renovación (o
que si fixo Google hai pouco) pero finalmente ve a luz unha esperanzadora Mi Pad 4, que cunha carcasa metálica (en
cor negra ou rosa) e unha pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.920
x 1.200 píxeles convértese nun dos produtos da súa gama máis atractivos do
mercado, pola súa boa relación entre bos acadados e especificacións e prezo
axustado.
O Mi Pad 4 está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 660, 3/4 GB de RAM,
32/64 GB de almacenamento (ampliable mediante microSD), cámara de 13 e 5
Míxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e batería de 6.000 mAh con carga por USB-C;
sorprendendo especialmente por contar cunha versión con conectividade LTE e
GPS.
O modelo básico do Mi Pad 4, con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento custaría
1.099 iuans (143 euros), mentres que a versión con 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento só subiría o prezo até os 1.399 iuans (182 euros). Por 1.499
iuans (195 euros) xa teríamos a versión con LTE, que sería probablemente a máis
económica do mercado con estas prestación dunha marca coñecida, aínda que polo momento
non sabemos se este modelo chegará a venderse oficialmente fóra de China.
- O Mi Pad 4 terá versión con carcase en cor negra ou rosa
- Cun prezo de 1.499 iuans (195 euros) o Mi Pad 4 con 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e conectividade LTE sería a tableta máis completa do mercado nese rango de prezo