O Moto G Stylus chega á súa 3ª xeración

venres, 4 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Un dos poucos fabricantes que se atreve a competir con Samsung e os seus móbiles con S Pen é Motorola, que sen ofrecen unha alternativa de alta gama, achega móbiles de gama media con lapis dixitalizador que o vindeiro día 17 chegan á súa terceira xeración. Teremos así un novo Moto G Stylus, que sae á venda nos EE.UU. a un prezo de 299,99 dólares, e que presenta unha pantalla Full HD+ de 6,8 polgadas con velocidade de refresco de 90 Hz, procesador MediaTek Helio G88, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB) e batería de 5.000 mAh con carga rápida de 10 watts, que promete até 2 días de autonomía.
Este curioso smartphone ten na súa traseira unha cámara tripla cun sensor principal de 50 Mpíxeles, mentres que na pantalla conta cunha perforación para unha cámara de 16 Mpíxeles.
Estamos ante un smartphone que claramente está dirixido a usuarios que queren gozar das funcionalidades propias dun lapis dixitalizador e dan máis importancia á autonomía e a un prezo axustado que ás prestacións avanzadas que ofrecen os móbiles de gama alta de Samsung.

PUBLICIDADE