O Moto Maxx comeza a súa comercialización presumindo de baterÃa de 3.900 mAh
xoves, 6 de novembro do 2014
Antes
da compra da compañÃa por parte de Google, Motorola contaba no seu catálogo con
varios smartphones comercializados internacionalmente que destacaban pola súa
autonomÃa, e agora que a compañÃa está en mans de Lenovo queren repetir a
xogada, e anuncian o Moto
Maxx, que comezará a súa distribución por América latina, pero que é de
agardar que chegue tamén a Europa.
O Moto Maxx é un smartphone que permite superar os dous dÃas de autonomÃa
grazas á súa xenerosa baterÃa de 3.900 mAh, que para non eternizar a súa recarga
conta cun sistema de carga rápida, gozando tamén da posibilidade de facer
cargas Turbo que permiten dotar ao
terminal móbil de 8 horas de autonomÃa adicional con conectalo á corrente só 15
minutos.
Estamos ante un smartphone LTE cunha pantalla Quad HD de 5,2 polgadas,
procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos e última xeración, cámara de 21
MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo en 4K, e unha carcasa resistente con nailon
balÃstico preimum, fibra de kevlar DuPont e pantalla Corning Gorilla Glass.
Temos asà un dos poucos móbiles do mercado que poden presumir tanto de elevadas
prestacións como de magnÃfica autonomÃa, podendo converterse nun dos teléfonos
de gama alta máis desexados.