O Motorola RAZR i chegará a Europa con procesador Intel Atom a 2 GHz

martes, 18 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Motorola e Intel presentaron hoxe en Londres o novo Motorola RAZR i, un smartphone que destaca por funcionar cun procesador Intel Atom a 2 GHz e por contar cunha pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas case sen bordes (edge-to-edge) de xeito que consegue ter máis pantalla en menos móbil. Tamén conta cunha cámara de 8 Mpíxeles cun botón de disparo dedicado, a posibilidade de disparar ata 10 fotografías por segundo e tamén con prestacións como o HDR (para conseguir boas imaxes en condicións de luz problemáticas).
Este novo smartphone chega con Android 4.0 (actualizable a Android 4.1), marco de aluminio, resistente pantalla con Corning Gorilla Glass, parte traseira de KEVLAR, protección contra salpicaduras, e incluso con conectividade NFC. O seu grosor, como marca da casa é de só 8,3 milímetros.
Este terminal chegará en outubro a Reino Unido, Francia, Alemaña, Arxentina, Brasil e México, descoñecéndose se vai ser comercializado en España.


Vídeo promocional do Motorola RAZR i

PUBLICIDADE