O NOOK táctil estrea versión con luz
venres, 13 de abril do 2012
- Ler a escuras será doado co novo NOOK
A cadea norteamericana de librarÃas Barnes & Noble presentou
o seu novo NOOK
Simple Touch con GlowLight, unha versión do seu eReader con pantalla táctil
que sobre o seu panel de papel electrónico incorpora unha lámina luminosa que
pode regularse para facilitar a lectura a escuras, polo que conseguirÃase unha
experiencia semellante á dos tablets, de xeito que estamos ante un lector de
libros electrónicos que resulta tan axeitado para usar na cama como na praia.
O novo lector de e-books comezará a distribuÃrse o 1 de maio e o seu prezo de
venda será de 139 dólares (106,20 euros). Podemos lembrar que este dispositivo,
que leva bastante tempo competindo con Kindle de Amazon (e que poderÃa chegar
tamén a Europa nos vindeiros meses), conta coa última xeración de pantallas E
Ink de 6 polgadas, a súa capacidade interna é de 2 Gb (ampliable mediante
tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), conta cunha autonomÃa que pode superar o mes
(e chegar aos 2 meses de non empregar a función de iluminación), a súa
interface de uso táctil é moi doada de empregar, ten conectividade Wi-Fi N, conta cun catálogo de máis de 2,5 millóns
de libros e incluso permite emprestar volumes aos amigos coa tecnoloxÃa LendMe.
En contrate co Kindle de Amazon, o NOOK pode ler sen problemas documentos en
formato ePUB, considerado o estándar para libros electrónicos.
A funcionalidade de iluminación nun eReader curiosamente non é habitual que se
integre nos dispositivos de lectura, senón que normalmente solucionábase a
través de fundas
con luz ou luces
de lectura cunha pinza para colocar nun eReader ou nun libro tradicional.
VÃdeo de presentación do novo NOOK
- O uso da iluminación do novo NOOK achega unha experiencia de lectura na escuridade semellante á dun tablet