O Nokia 2 custará 99 euros e terá unha autonomÃa de 2 dÃas
martes, 31 de outubro do 2017
A volta ao mercado da marca de móbiles Nokia non está a
resultar doada, e HMD Global busca agora chegar a usuarios pouco esixentes pero
que queiran un teléfono con boa autonomÃa, de aà que presenten o seu novo Nokia 2, un terminal que
para un uso moderado poderÃa ter unha autonomÃa de até 2 dÃas, buscando asà que
satisfacer a usuarios que buscan dispositivos cunha boa fabricación e un prezo
contido.
O Nokia 2 é un terminal con pantalla de alta definición de 5 polgadas con
protección Corning Gorilla Glass 3, procesador Qualcomm Snapdragon 212, 1 GB de
RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até
128 GB), cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, radio FM, baterÃa
de 4.100 mAh recargable por microUSB, un grosor de 9,3 milÃmetros e un corpo de
policarbonato protexido por un marco de aluminio.
O terminal chegará con Android 7.1.1 sen capas de personalización (e con
Asistente de Google), aÃnda que actualizarase a Android 8 e contará con actualizacións
de seguridade mensuais, o que é un dos puntos fortes dos móbiles de Nokia.
Venderase en tres cores distintas (peltre/negro, peltre/branco, cobre/negro) e o seu prezo medio será
de 99 euros.