O Nokia 6301 funciona coma móbil e fixo de xeito transparente ó usuario
xoves, 20 de setembro do 2007
Nokia presentou un novo terminal de telefonÃa móbil,
o 6301, que destaca por estar dentro da categorÃa de dispositivos UMA (Unlicensed
Mobile Access), ou sexa, que é un móbil que cando atopa unha conexión Wi-Fi (ou
Bluetooth) emprega tal tecnoloxÃa para comunicarse por VoIP, funcionando coma
un teléfono tradicional cando está fóra da cobertura da rede informática sen fÃos.
O Nokia 6301 inclúe
unha cámara de 2 MpÃxeles (con zoom dixital de 8x), pantalla de 2 polgadas, 30
Mb de memoria interna, fenda par tarxetas microSD (de ata 4 Gb), é tribanda,
ten un grosor de só 13,1 mm
e un peso de 93 gramos.
Tamén reproduce MP3, integra mans libres, leva radio FM e permite funcionar
como gravadora.
A operadora que comezará a comercializar este novo terminal será Orange dentro
da súa oferta Unik/Unique, durante o último trimestre do ano, e o seu prezo será
de 230 euros (ó que se poderÃan restar a subvencións pertinentes da compañÃa).