O Nokia 8800 Carbon Arte preséntase coma un terminal de luxo

martes, 19 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios que queren ter o seu móbil coma un sinal de identidade dende Nokia presentan o seu novo Nokia 8800 Carbon Arte, un novo terminal que fabricado en fibra de carbono, titanio e aluminio, que o dotan unha aparencia atractiva, un tacto agradable e un deseño realmente elegante apoiado por fondos de pantalla e sons exclusivos que completan a súa coidada estética.
Tecnicamente o Nokia 8800 Carbon Arte é un móbil 3G con cámara de 3,2 Mpíxeles, 4 Gb de memoria interna, lector de tarxetas microSD, pantalla OLED e recubrimento especial para non deixar pegadas na súa superficie.

Aínda que estas características non sexan especialmente destacables, incorpora detalles coma o feito de que amose o reloxo en pantalla de prememos un par de veces sobre a superficie de aceiro debaixo da pantalla ou poderemos silenciar unha chamada dándolle a volta ao móbil (o que resulta bastante discreto).
Este elegante móbil chegará ás tendas durante o presente trimestre, aínda que o seu prezo non está ao alcance de todos os petos, xa que é de 1.100 euros (sen ter en conta subvencións nin impostos).

PUBLICIDADE