O Nokia C5, un aspirante a smartphone

martes, 2 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Co gallo do CeBIT en Hannover, Nokia inaugura a serie C dos seus móbiles co Nokia C5, que trátase dun terminal con terceira edición do sistema operativo S60 que pretende achegarse aos smartphones que hai no mercado cun interesante software no que integra redes sociais coma Facebook e que abre a porta ao uso do seu GPS con Ovi Maps 3.4.
O Nokia C5 conta cunha pantalla de 2,2 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, cámara de 3,2 Mpíxeles con flash LED (capaz de gravar vídeo VGA a 15 fps), conectividade HSDPA e Bluetooth, radio FM, conector para auriculares estándar, unhas dimensións de 112 x 46 x 12 milímetros, 89,3 gramos de peso, batería cunha autonomía en conversa dunhas 12 horas e almacenamento baseados en tarxetas microSD (inclúe unha de 2 Gb). O seu prezo de venda no segundo trimestre do ano sería de 135 euros.

PUBLICIDADE