O Nokia X1-00 chega cun prezo económico e un elevado volume
martes, 8 de marzo do 2011
Nokia lanzou un
novo móbil orientado a amantes da música e a un mercado masivo, o Nokia
X1-00, que pretende ter un prezo de menos de 35 euros e que sorprende polo
seu grande altofalante na súa parte traseira, que permite a reprodución de son
a un elevado volume cunha distorsión moi inferior á meirande parte dos terminais
actuais.
Dende Nokia consideran que este móbil resulta así moi práctico tanto para o seu
uso en ambientes ruidosos como para compartir a experiencia de reprodución
musical. O Nokia X1-00 tamén pode conectarse a altofalantes externos (ten un
conector estéreo de 3,5 milímetros), integra sintonizador de radio FM e soporta
tarxetas de memoria microSD de ata 16 Gb (para poder almacenar centos de
cancións). Funciona co sistema operativo Series 30, que inclúe reprodutor musical,
calendario, reloxo, calculadora e xogos precargados, mide 112,2 x 47,3 x 16
milímetros, pesa 91 gramos e comezará a venderse en abril.