O Nokia X20 sae á venda por 379 euros
luns, 3 de maio do 2021
O novo Nokia X20 chega ao
mercado español a un prezo de 379 euros con 8 GB de RAM, 128 GB de
almacenamento, dobre SIM, conectividade 5G e cámaras múltiples Dual Sight, de
xeito que busca ser un dispositivo moi atractivo, especialmente para os que
confían nos 3 anos de actualizacións de software e seguridade que promete o
fabricante.
Aínda que Nokia ten normalmente o foco posto no seu software, neste smartphone
quere presumir de cámaras, para o que a súa proposta de cámaras mútiples Dual
Sight quere chamar a atención facilitando a posibilidade de gravar vídeos dende
varios ángulos á vez, aínda que para a meirande parte do público o que
realmente é unha garantía é que a cámara cuádruple cun sensor principal de 64
Mpíxeles leve o selo de ZEISS Optics, mentres que a cámara frontal situada nun
orificio en pantalla ten un sensor de 32 Mpíxeles.
A súa pantalla Full HD+ de 6,67 polgadas deixa claro que estamos ante un dispositivo
de dimensións considerables, que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 480
5G e sistema operativo Android 11 (que debería actualizarse até Android 14).
Opta por situar o lector de impresións dixitais nun lateral, inclúe NFC e a súa
batería de 4.470 mAh promete unha autonomía de até 2 días. Tamén pode
salientarse que ten conector para auriculares e radio FM.
Un detalle curioso é que Nokia quixo reducir o impacto ecolóxico deste móbil cunha
carcasa 100% compostable e unha medida que non agrada a todos os usuarios: a
non inclusión dun cargador de plástico.
- A cámara do Nokia X20 ten unha curiosa funcionalidade que consiste na incorporación de marcas de auga ás nosas imaxes (se consideramos que é oportuno)