O Nubia Z5 mini chega como outro móbil chinés a ter en conta
martes, 16 de xullo do 2013
Os fabricantes chineses non paran de sorprendernos con
terminais de altas prestacións e prezos axustados, e o que hoxe coñecemos vén
da man de Nubia, un selo de ZTE, que vén de incorporar ao seu catálogo o Z5 mini, que vén a ser
unha versión reducida do Nubia
Z5 (smartphone con pantalla Full HD de 5 polgadas), que limita a súa
pantalla a unhas non pouco xenerosas 4,7 polgadas (a 720p) e reducindo o seu
almacenamento interno ata os 16 Gb (ampliables mediante tarxetas de memoria de
ata 32 Gb), detalles que permÃtenlle ter un prezo de só 1.888 iuans (234,38
euros), o que podemos considerar unha ganga para estarmos ante un dispositivo
con procesador Snapdragon S4 Pro de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM e
baterÃa de 2.300 mAh.
O Nubia Z5 mini ten un grosor de 10,3 milÃmetros, pesa 160 gramos, funciona con
Android 4.2, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles e carcasa dispoñible en varias cores,
polo que parece chamado a gañarse un espazo de seu no mercado, ao combinar con
bastante fortuna unha aparencia atractiva, unhas prestacións elevadas e un bo
prezo. Os usuarios máis esixentes tamén poden ter en conta o Nubia Z5, que parte dun prezo de 2.788 iuans
(346,10 euros).