O OnePlus 10 Pro 5G non chegará a España até primavera
martes, 11 de xaneiro do 2022
Esta semana chega ao mercado chinés o novo OnePlus 10 Pro 5G a un prezo que parte de 4.699 iuans
(650 euros), mentres que en
España teremos que agardar a primavera para facernos con este móbil que
presume de cámara Hasselblad de 2ª xeración para o móbil, carga ultrarrápida
cunha baterÃa de 5.000 mAh, procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 1 e pantalla
Fluid AMOLED de 120 Hz con LTPO.
Estamos ante un auténtico móbil insignia, que pode competir sen problema coas
grandes marcas, e unhas configuracións moi completas (con 8/12 GB de memoria
LPDDR5 e 128/256 GB de almacenamento UFS 3.1) que xunto coa sona de marca
OnePlus fai que sexa un dispositivo moi esperado polos incondicionais deste
tipo de teléfonos que moitos temÃan que deixásemos de ver no mercado xa que
OnePlus deixou de ser unha compañÃa independente para pasar a depender
directamente de Oppo, o que pode ter serias consecuencias de cara á experiencia
de usuario a longo prazo (polo momento aseguran que a versión global funcionará
con OxygenOS, pero o feito de que o modelo chinés corra con ColorOS 12.1 pode
indicar que está próximo o adeus á versión de Android desenvolvida por
OnePlus).
O OnePlus 10 Pro 5G chegará cunha pantalla de 6,7 polgadas con refresco
adaptable entre 1 Hz e 120 Hz, cámara traseira tripla asinada por Hasselblad
cun sensor principal de 48 MpÃxeles, un ultra grande angular de 50 MpÃxeles e
un telefoto de 8 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles, Bluetooth, 5.2 e carga
rápida de 80 watts mediante cable (o que permitirÃa unha carga completa en 32
minutos) e 50 watts sen fÃos (contando tamén con carga inversa sen fÃos).