O OnePlus 3T chega con 6 GB de RAM e carga rápida
martes, 15 de novembro do 2016
O fabricante chinés OnePlus continúa na súa teima de
competir cos móbiles insignia de grandes compañÃas, igualándoos en prestacións,
pero ofrecendo un prezo moito máis axustado, e por iso anuncia unha
actualización do seu OnePlus 3, o OnePlus
3T, que poderemos mercar a partires do 28 de novembro a un prezo que parte
dos 439 euros e que desta volta presume de Dash Charge, un sistema de carga
rápida, segura e frÃa que en media
hora achegará enerxÃa dabondo para que o móbil puidese funcionar todo o dÃa. A
carga total da baterÃa serÃa de 3.400 mAh, o que tamén supón un incremento de
capacidade do 13% con respecto ao modelo anterior.
Estamos ante un smartphone de elevada potencial, que funciona cun procesador
Qualcomm Snapdragon 821, con 6 GB de RAM (LPDDR4), 64/128 GB de almacenamento
interno (UFS 2.0), unha boa cámara traseira Sony de 16 MpÃxeles con apertura
f/2.0 e gravación de vÃdeo 4K, cámara frontal tamén de 16 MpÃxeles, A súa
pantalla de 5,5 polgadas ten unha resolución Full HD e protección Corning
Gorilla Glass 4, funciona nas principais bandas do LTE (incluÃndo a nova banda
dos 800 MHz), ten sensor de pegadas dixitais, acepta dúas tarxetas nano SIM,
cárgase por USB-C, conta con conector de audio de 3,5 milÃmetros, ten NFC,
Bluetooth 4.2 e Wi-Fi AC, o seu grosor é de 7,35 milÃmetros e pesa 158 gramos.
Está construÃdo nun resistente aluminio anodizado de cor dourada suave ou metálica
e funciona unha versión de OxygenOS que pretende unha experiencia próxima á da
versión básica de Android 6.0, pero cun maior nivel de personalización e con
funcionalidades inspiradas en Android 7.0.
VÃdeo promocional do OnePlus 3T