O OnePlus 5 opta pola dobre cámara traseira
martes, 20 de xuño do 2017
O fabricante OnePlus conseguiu converterse nos últimos anos
nun dos grandes referentes no que se refire a grandes móbiles con Android, de
xeito que os seus produtos son case os únicos do mercado considerados como de
alta gama (pese a que o seu prezo sexa asustado) capaces de competir con grandes
fabricantes como Samsung, LG ou Sony. Por iso non resultaba evidente o interese
polo novo OnePlus 5, smartphone polo que
habÃa unha grande expectación, e que por fin é oficial.
Estamos ante o novo móbil insignia de OnePlus, que a
primeira vista parece deixar claro que quere competir con Apple, xa que
optou por integrar unha dobre cámara traseira para disparar fotografÃas nun
modo retrato con enfoque selectivo, aÃnda que esta dobre cámara de 16 e 20
MpÃxeles (con aperturas de f/1.7 e f/2.6 respectivamente) tamén destacan polo
seu modo profesional (que permite disparar en RAW e realizar numerosos axustes
no disparo de instantáneas) mentres que a súa cámara frontal tampouco queda
atrás, xa que contarÃa cun xeneroso sensor de 16 MpÃxeles con apertura f/2.0.
AÃnda que podemos ver o OnePlus 5 como unha simple actualización do OnePlus 3T,
estamos ante un produto bastante interesante, cun grosor de só 7,25 milÃmetros
que pese a ser o terminal móbil máis delgado do fabricante conseguiu incrementar
un 20% a autonomÃa fronte ao OnePlus 3T. A nivel de memoria tamén integra bos
elementos, de xeito que pode presumir de até 8 GB de RAM LPDDR4X e até 128 GB
de almacenamento (con tecnoloxÃa de dobre pista para un mellor rendemento).
Tampouco queda atrás en conectividade, deixando claro que en un produto
destinado ao mercado global, xa que inclúe un amplo número de bandas 4G, de
xeito que permite, con algún operador, gozar de descargas en mobilidade de até
600 Mbps (con subida a 150 Mbps), integra NFC (polo que está aberto a
pagamentos dende o móbil, algo pouco frecuente nos móbiles chineses) e incluso goza
de Bluetooth 5.0, deixando claro que estamos ante un auténtico móbil insignia.
Se afondamos nas especificacións, falamos dun teléfono con pantalla Optic
AMOLED de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, procesador
Qualcomm Snapdragon 835 con gráfica Adreno 540, 6/8 GB de RAM, 64/128 GB de
almacenamento, baterÃa de 3.300 mAh con Dash Charge (4 A), USB-C, unhas medidas
de 152,7 x 74,7 x 7,25 milÃmetros e 153 gramos de peso. O seu sistema operativo
é OxygenOS (baseado en Android Nougat) e sae á venda a un prezo que parte dos
499 euros, o que está bastante ben para as súas especificacións, pero supón un
importante incremento de prezo fronte a xeracións anteriores (o
OnePlus 3 saÃu á venda hai un ano por 399 euros).