O OnePlus 6 terá pantalla de 6,28 polgadas con pestana superior
mércores, 16 de maio do 2018
O esperado smartphone OnePlus
6 por fin anúnciase oficialmente, de xeito que xa se coñecen as súas
especificacións e prezo, partindo este último de 519 euros para o modelo con 6
GB de RAM e 64 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 8 GB de RAM e 128
GB de almacenamento custa só 50 euros máis. Desta volta tamén teremos unha
versión con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento por 619 euros, que probablemente
sexa a configuración máis rechamante, por optar por unha capacidade de
almacenamento comparable á de moitos ordenadores portátiles.
O OnePlus 6 é un smartphone con pantalla Optic AMOLED de 6,28 polgadas cunha
resolución de 2.280 x 1.080 pÃxeles (ou sexa, en formato 19:9) que presenta
unha pestana para a cámara frontal na súa parte superior, funciona cun procesador
Qualcomm Snapdragon 845 con gráfica Adreno 630, a súa cámara traseira dual ten
sensores Sony de 16 e 20 MpÃxeles con apertura f/1.7 (capaz de gravar vÃdeo 4K
a 60 imaxes por segundo ou incluso vÃdeo a 720p a 480 imaxes por segundo) e a
frontal de 16 MpÃxeles con apertura f/2.0, conta con Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0,
NFC e toma para auriculares, pode desbloquearse mediante recoñecemento facial ou
lector traseiro de pegadas dixitais e a súa baterÃa de 3.300 mAh ten carga
rápida por USB-C. No tocante á banda larga móbil soporta velocidades de LTE de
até 1 Gbps de baixada e 150 Mbps de subida. Tamén é resistente á auga e
funciona con Android 8.1 coa capa de personalización OxygenOS, podendo gozar
tamén da beta de Android P.
O lanzamento oficial deste novo smartphone será o 22 de maio nas versións en
cor negra, mentres que as versións en branco faranse agardar até o 5 de xuño.
- O OnePlus 6 é resistente a molladuras
- O OnePlus 6 funciona con OxygenOS baseado en Android 8.1, podendo o usuario unirse xa á beta de Android P