O Oppo Find X8 Pro chega a España presumindo de cámaras
martes, 3 de decembro do 2024
Oppo leva un tempo reducindo a súa presenza internacional, e finalmente decidiu retomar a distribución europea dos seus móbiles de alta gama, de xeito que finalmente poderemos facernos en España co novo Oppo Find X8 Pro.
Este atractivo smartphone con cámaras desenvolvidas en colaboración con Hasselblad, tirando de intelixencia artificial para a captura fotográfica, o zoom telescópico e a restauración fotográfica, funciona cun potente procesador MediaTek Dimensity 9400, 16 GB de RAM LPDDR5x, 512 GB de almacenamento UFS 4.0, unha pantalla infinita de 6,78 polgadas (con resolución de 2.780 x 1.264 pÃxeles, 4.500 nits de brillo e un refresco de entre 1 e 120 Hz), Wi-Fi 7, Bluetooth 5.4, NFC e baterÃa de carbono e silicio cunha capacidade de 5.910 mAh con carga rápida de 80 watts por cable e 50 watts sen fÃos. Tamén presume grande resistencia, cunha pantalla con Corning Gorilla Glass 7i e resistencia IP69.
No seu apartado de cámaras sorprende cun módulo traseiro no que temos 4 obxectivos con sensores de 50 MpÃxeles con lonxitudes focais de 15, 23, 73 e 135 milÃmetros, de xeito que se moverÃan entre o ultra grande angular e o zoom de 6x (até 120x empregado zoom dixital).
O prezo oficial deste novo terminal móbil é de 1.249 euros, o que explica as reticencias do fabricante para traer este tipo de smartphones ao mercado europeo, onde resulta moi complicado vender dispositivos neste rango de prezo que non sexa de marcas como Apple ou Samsung.