O Oppo R1 estréase na China
martes, 24 de decembro do 2013
Un dos fabricantes de móbiles chineses que máis están a
destacar a nivel internacional é Oppo, que incluso atrévese a vender directamente os seus
dispositivos a través da Internet en Europa, e aÃnda que destaca
especialmente polos seus dispositivos de máis alta gama (como o Oppo N1), tamén
ten en conta a gama media, polo que estes dÃas está a lanzar en China o seu
novo Oppo R1, smartphone que ten
unhas especificacións moi completas e un deseño atractivo conseguindo conter o
seu prezo 2.498 iuans (uns 300 euros).
O Oppo R1 funciona cun procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, cunha
gráfica PowerVR SGX544, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla IPS
de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, cámaras de 8 e 5
MpÃxeles, Bluetooth 4.0 e baterÃa de 2.410 mAh, operando con Android 4.2 e
presentando un delgado deseño (7,1 milÃmetros) e un peso moi comedido para o
seu tamaño (140 gramos).
Este móbil con dobre SIM poderá adquirirse cunha carcasa en cor branca con
borde dourado ou de cor negra con borde gris, e polo momento só está dispoñible
na súa versión asiática (é de agardar que en breve teñamos modelo
internacional).
- O Oppo R1 ten unha pantalla de 5 polgadas de 1.280 x 720 pÃxeles