O Oppo X 2021 podería ser o primeiro móbil á venda con pantalla enrolable
xoves, 18 de febreiro do 2021
Mentres
LG
deixaba ver o que podería ser o seu futuro LG Rollable como un produto que
vería a luz antes de rematar o ano, dende Oppo van moito máis aló, e sen saber
aínda cando será oficial o seu smartphone con pantalla enrolable, xa hai
vídeos nos que pode verse en funcionamento e incluso compararse con Samsung
Galaxy Fold2, de xeito que o Oppo X 2021 podería pasar en breve de ser un
teléfono conceptual a converterse nun interesante produto no mercado de
consumo.
O Oppo X 2021 deixouse ver inicialmente nun vídeo do francés Brandon
Le Proktor, a quen seguiron poucos días despois na canle de YouTube xermana
AllRoundPC, polo que enténdese que Oppo ten moito interese en crear expectación
por unha nova categoría de produto que, de comercializar antes que outros
competidores podería incrementar considerablemente o seu recoñecemento de marca.
Este interesante smartphone conta cunha pantalla OLED que enrólase aos lados do
propio terminal mediante motores en cada lado, conseguindo incrementar
considerablemente o ancho da pantalla, aínda que sen conseguir unha largura
comparable á dos Galaxy Fold2, o que podería xustificarse polo seu tamaño máis
compacto.
Tras ver este teléfono en acción é doado decatarse de que esta tecnoloxía está
bastante avanzada, e as principais dúbidas sobre este tipo de produto estarían
principalmente na súa resistencia a longo prazo e, por suposto, no seu prezo,
sendo este último detalle moi importante para a súa aceptación comercial, como
demostrou nas últimas semanas o Galaxy Fold2, que agora que ten un prezo moi
inferior ao de lanzamento está a converterse na opción de moitos entusiastas da
tecnoloxía.
Vídeo no que Brandon Le Proktor amosa o Oppo X 2021
O Oppo X 2021 visto en AllRoundPC