O PP de Bergondo estrea aplicación para iPhone e iPod Touch

mércores, 20 de abril do 2011 Marcus Fernández

O Partido Popular de Bergondo sorprendeu ao estrear onte unha aplicación na App Store, de xeito que os usuarios de dispositivos como o iPhone ou o iPod Touch poden descargar de balde unha aplicación que serve para presentar a candidatura de Tita Sanjurjo aos vindeiros comicios municipais, recollendo nos seus distintos apartados unha carta de presentación da candidata, os integrantes da candidatura popular e o seu programa electoral (datos que aparecerán nunha vindeira actualización), novas achegadas da páxina web do PP de Bergondo e datos de contacto coa agrupación local (con ligazóns ao perfil da candidata en Facebook, ao correo electrónico da formación e ao mapa de Google que sitúa a sede local popular).
Estamos ante a que podería ser a primeira aplicación móbil dun político galego, e foi desenvolvida por Aracnosoft, unha empresa con sede no polígono de Bergondo.

PUBLICIDADE