O Palm Pixi funcionará con WebOS

mércores, 9 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Tras a boa acollida do Palm Pre e o seu sistema operativo WebOS, Palm presentou nos EE.UU. o que vai ser o seu Palm Pixi, un novo terminal táctil co mesmo sistema operativo móbil e teclado QWERTY que conta con 8 Gb de memoria interna, unha pantalla capacitiva de 2,63 polgadas cunha resolución de 320 x 400 píxeles, carcasas intercambiables, compatibilidade con sistema de carga sen fíos TouchStone, conector para auriculares estéreo, batería extraíble de 1.150 mAh, GPS, acelerómetro, unhas dimensións de 55 x 111 x 10,85 milímetros, un peso de 99,5 gramos e unha importante eiva: carece de Wi-Fi.
Polo momento descoñécese a data de lanzamento en Europa (suponse que antes da campaña de Nadal) e o seu prezo (que debería ser semellante ao do Palm Pre).

O Palm Pixi contará con carcasas intercambiables deseñadas por artistas que presentan unha aparencia realmente agradable

PUBLICIDADE