O Pixel 6a ofértase a 349 euros

luns, 14 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Os entusiastas dos móbiles de Google recibiron cos brazas abertos este verán o Pixel 6a, un smartphone coas vantaxes que teñen os teléfonos de Google, pero cun prezo que quedaba en 459 euros (bastante menos dos 649 e 899 euros que custan os Pixel 7 e 7 Pro) e grazas ás ofertas do Black Friday, até o 28 de novembro será aínda máis apetecible este teléfono, xa que ofértano a un prezo de 349 euros, polo que convértese nunha das mellores opcións no mercado nese rango de produto.
Lembremos que o Pixel 6a é un smartphone cunha pantalla OLED Full HD+ de 6,1 polgadas cunha velocidade de refresco de 60 Hz, procesador Google Tensor, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento, cámara frontal de 8 Mpíxeles, cámara traseira dual cun sensor principal de 12,2 Mpíxeles, lector de impresións dixitais en pantalla e unha batería de 4.410 mAh con carga sen fíos rápida.
Pese ao seu prezo axustado presume dun bo apartado fotográfico, de aí que sexa un dispositivo ideal para os que queren disparar boas instantáneas e contar cun sistema operativo actualizado directamente por Google.

PUBLICIDADE