O Poco F3 chegará a partir dos 299,99 euros

luns, 22 de marzo do 2021 Marcus Fernández

O vindeiro móbil insignia da marca Poco será o Poco F3, un smartphone con procesador Qualcomm Snapdragon 870, 5G e pantalla AMOLED Full HD+ de 6,67 polgadas cun refresco de 120 Hz que sairá á venda o 30 de marzo cunha promoción de lanzamento que sitúa ao modelo máis económico nos 299,99 euros.
Este potente smartphone está equipado cun procesador aínda pouco coñecido, que promete unha potencia un 12% superior que a do procesador insignia do ano pasado e que tamén conta con memoria RAM LPDDR5 e almacenamento UFS 3.1 para garantir un desempeño propio dos móbiles de alta gama, pese a estarmos ante un dispositivo bastante máis económico. Nas comunicacións sen fíos non se limita a contar con 5G, senón que tamén ten Wi-Fi 6, podendo así acadar grandes velocidades de transferencia de datos.
O Poco F3 ten unha batería de 4.520 mAh con carga rápida de 33 watts, conseguindo así un bo equilibrio entre grande autonomía e deseño delgado, que xunto coa velocidade de carga evita que o usuario teñan que estar preocupado por quedar sen batería.
A cámara traseira do Poco F3 é tripla, cun sensor principal de 48 Mpíxeles, ultragrande angular de 8 Mpíxeles e un telemacro de 5 Mpíxeles; así como unha cámara frontal de 20 Mpíxeles. Tamén integra 3 micrófonos e 2 altofalantes, contando incluso con certificación Dolby Atmos. Non esquece o NFC, lector de impresións dixitais lateral e emisor de infravermellos.

Poco X3 Pro

Pero o Poco F3 non chegará só ao mercado, senón que o día 26 está prevista a chegada do Poco X3 Pro, un smartphone máis modesto que de lanzamento custará a partir de 199,99 euros, co que busca chegar a un público máis amplo.
O Poco X3 Pro funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 860, emprega almacenamento UFS 3.1 (aínda que na RAM confórmase con memoria LPDDR4X), a súa pantalla Full HD+ de 6,67 polgadas ten unha velocidade de refresco de 120 Hz e incluso contaría con NFC, pero si prescindiría de 5G e o Wi-Fi 6 (limítase a Wi-Fi 5). Curiosamente gaña ao seu irmán maior en batería (de 5.160 mAh con carga rápida de 33 watts) e no feito de incluír conector para auriculares, sen do moi semellantes no resto de especificacións.
Podemos entender así que o Poco X3 Pro sería un smartphone orientado a quen busca un smartphone de boas prestacións pero aínda non quere dar o salto á 5G.

Vídeo coa presentación dos novos smartphones da marca Poco

PUBLICIDADE