O PowerSafer BC é capaz de recargar pilas alcalinas
xoves, 18 de decembro do 2008
As pilas
recargables son unha opción ecolóxica e imprescindible para certo tipo de
dispositivos que non contan con baterías internas, pero teñen un consumo
elevado, e así as pilas Ni-MH son algo moi habitual hoxe en día, substituíndo
totalmente ás Ni-Cd que había anos atrás, quedando as alcalinas (non
recargables) para usos marxinais (coma mandos a distancia e outros trebellos
cun consumo moi reducido) pero un cargador de Powersafer promete optimizar
tamén este tipo de baterías, sendo incluso tamén capaz de recargalas.
O Powersafer
BC, que se vende a uns 29,95 euros, é un cargador de pilas AA e AAA,
que acepta ata 4 baterías simultáneas, e que asegura
ser capaz de operar co pilas alcalinas e recargables, sendo capaz de
recoñecer curtocircuítos en pilas recargables (e promete arranxalos para que
continúen operando) e optimiza o funcionamento das pilas a partir da segunda ou
terceira recarga. O cargador recoñece automaticamente cada tipo de pila, as
súas características e o nivel de carga que precisa; incorpora un indicador LED
azul e unha pequena pantalla (na que se amosa o nivel de carga da pilas).
Pode parecer case máxico iso de
recargar pilas alcalinas, pero hai que detallar que o proceso de carga das
mesmas non parece un proceso recomendable, pois nin se poderán cargar todas nin
resulta rápido, de xeito levaría 72 horas cargar unha pila cunha capacidade de
2.520mA. Este cargador tamén é bastante lento coas pilas Ni-MH, pois só é capaz
de achegarlles 1.300mA/hora (en total) o que faría que cargar un par de pilas levase
unhas 4 horas, polo que entendemos que se trata dun cargador preciso pero lento
(no mercado hai modelos ultrarrápidos capaces de completar o proceso de carga
de 4 pilas en pouco máis dun cuarto de hora).