O Redmi 8 presume de preto de 3 días de autonomía

luns, 11 de novembro do 2019 Marcus Fernández

O Redmi 8 de Xiaomi presentouse a primeiros de outubro, e aínda que xa hai semanas que é posible adquirilo en España a través de diferentes canles, por fin chega oficialmente ás tendas, cun prezo oficial de 139 euros para o modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e de 169 euros para a versión con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento.
O Redmi 8 chega cunha pantalla HD+ de 6,22 polgadas con Corning Gorilla Glass 5 e cámara frontal de 8 Mpíxeles, cámara traseira dual de 12 e 2 Mpíxeles, carcasa en negro, vermello ou azul, procesador Qualcomm Snapdragon 439, lector traseiro de pegadas dixitais, altofalante de grande potencia, radio FM sen cables, función de mando a distancia mediante infravermellos e protección contras salpicaduras, aínda que realmente o seu elemento diferencial é a súa batería de 5.000 mAh con carga rápida de 18 watts (aínda que na caixa inclúe un cargador de 10 watts) o que permítelle presumir dunha autonomía de até 3 días de uso normal cunha única carga.

PUBLICIDADE