O Redmi K20 chegará a España co nome de Mi 9T
mércores, 12 de xuño do 2019
Os
smartphones Redmi K20 e K20 Pro tiñan un encaixe pouco ortodoxo no catálogo
de Xiaomi, pero ser teléfonos con prestacións moi elevadas que non semellaban
propios da familia económica Redmi, de aà que non sorprenda que para o mercado
español o Redmi K20 chegue o vindeiro dÃa 17 baixo o nome de Mi 9T, cun prezo
de 329 euros para a súa versión con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento que no
seu lanzamento custará só 299 euros. O modelo con 128 GB de almacenamento
custará 369 euros, o que continúa a ser un prezo moi competitivo para un
dispositivo con esas especificacións.
O Mi 9T será un smartphone con pantalla AMOLED Full HD+ de 6,39 polgadas que
ocupa case toda a frontal do terminal grazas a que integra lector de pegadas
dixitais en pantalla e opta por unha cámara frontal retráctil de 20 MpÃxeles.
Para a súa cámara traseira ten tres obxectivos dos que o principal conta cun
sensor de 48 MpÃxeles apoiados por intelixencia artificial. O procesador deste
noto smartphone é un Qualcomm Snapdragon 730, a súa baterÃa de 4.000 mAh
garante unha boa autonomÃa (á vez que conta con carga rápida de 18 watts) e
incluso ten NFC.
Temos asà un smartphone que aparentemente é un alta gama, pero o seu prezo é
moi inferior ao que aparenta, o que probablemente contribúa a unhas boas
vendas, especialmente mentres non chegue ao mercado o segundo Pocophone.