O Redmi Note 9S partirá dun prezo de 199 euros en España
venres, 24 de abril do 2020
Hai
un mes presentouse o Redmi Note 9S como un interesante smartphone de gama
media, que equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 720G, pantalla Full HD+
de 6,67 polgadas cunha cámara frontal de 16 MpÃxeles integrada nunha perforación
superior central, unha cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48
MpÃxeles, un lector de pegadas lateral e unha xenerosa baterÃa de 5.020 mAh con
carga de 18 watts, prometÃa conseguirse no grande referente do catálogo de
Xiaomi para usuarios que busquen un teléfono moi completo e non queiran
realizar un desembolso excesivo.
Finalmente o Redmi Note 9S confirma
a súa chegada e España, cun prezo
de 229 euros para o seu modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, e de 269
euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, aÃnda que
para os que merquen o dispositivo durante o seu dÃa de lanzamento (o 4 de maio)
poderán facerse cos modelos antes mencionados por 199 e 249 euros
respectivamente, converténdose nunha oferta especialmente atractiva.
Este smartphone tamén pode presumir dunha cámara con modo noite capaz de gravar
vÃdeo 4K e incluso cámara lenta de até 960 imaxes por segundo, conta con toma
para auriculares, pode ampliar a súa capacidade de almacenamento con tarxetas
microSD de até 512 GB e incluso ten un emisor de infravermellos para utilizar o
móbil a xeito de mando a distancia. Unha configuración adaptada a un grande número
de usuarios, na que a súa principal carencia serÃa a ausencia de NFC para
pagamentos móbiles.