O Sagem DP360 combina teléfono sen fíos e marco dixital

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Pese a que os teléfonos móbiles sexan o mellor exemplo de integración de dispositivos electrónicos, os terminais fixos tamén poden seguir os seus pasos, e Sagem comercializa un novo teléfono sen fíos DEC modelo DP360 que xunta nun único trebello un marco de fotos dixital e un teléfono.
Esta integracións vai máis aló de ensamblar ambos dispositivos xuntos, de xeito que a pantalla de 7 polgadas do marco fotográfico pode utilizarse para amosar unha fotografía asociada a un número telefónico do que recibamos unha chamada. Por suposto, tamén pode funcionar coma marco fotográfico dixital, cunha imaxe fixa ou con pases de diapositivas, aínda que conta con lastre dun prezo elevado: 140 euros.

PUBLICIDADE