O Samsung C3300K Champ: compacto, barato e táctil

mércores, 19 de maio do 2010 Marcus Fernández

A meirande parte das compañías de telefonía móbil teñen no seu catálogo algún terminal de prestacións limitadas e pantalla táctil para atender a demanda de certos consumidores que esixen pantallas deste tipo (pese a que a súa experiencia de uso está bastante limitada) e pensando neste mercado chega o Samsung C3300K Champ, un móbil con pantalla táctil resistiva de 2,4 polgadas, interface gráfica TouchWiz Lite (cunha pantalla de inicio con 4 escritorios e coa posibilidade de integrar widgets), cámara de 1,3 Mpíxeles, Bluetooth 2.1, USB, lector de tarxetas microSD (incluíndo unha de 8 Gb), toma de auriculares estándar, altofalantes estéreo e batería de 1.000 mAh que achega unhas 12 horas de autonomía en conversa e 666 horas en espera.
Este novo móbil chegará ao mercado europeo en xuño en catro cores (negro, marrón, rosa e branco) e agárdase que teñan un prezo moi axustado.

PUBLICIDADE