O Samsung Galaxy A52s 5G terá un procesador Snapdragon 778G

martes, 17 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Dende Reino Unido anuncian hoxe o smartphone Samsung Galaxy A52s 5G, unha interesante actuallización do Galaxy A52 5G que chega agora cun procesador Qualcomm Snapdragon 778G. Este novo teléfono conta cunha pantalla Super AMOLED de 6,5 polgadas, cunha velocidade de refresco de 120 Hz e cun orificio central na súa parte superior para albergar unha cámara de 32 Mpíxeles, mentres que na súa traseira conta cunha cámara cuádrupla cun sensor principal de 64 Mpíxeles con enfoque automático, apertura f/1.8 e estabilización óptica de imaxe.
Ao estar equipado con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de até 1 TB) confían en que este teléfono sexa moi solvente. Tamén conta con características avanzadas como lector de impresións dixitais en pantalla, Samsung Pay e resistencia IP67, á vez que a súa batería de 4.500 mAh conta con carga rápida a 25 watts.
Temos así un dispositivo que parece moi próximo á gama alta de Samsung, que está previsto que chegue ao Reino Unido o 3 de setembro, cando non resultaría sorprendente que tamén chegase a España e outros países europeos onde a familia Galaxy A está a ter unha moi boa acollida comercial.

PUBLICIDADE