O Samsung Galaxy M11 chega a España cunha batería moi xenerosa
martes, 10 de novembro do 2020
A familia Galaxy M busca chegar a consumidores mozos con
prezos axustados, pantallas amplas e, moi especialmente, baterías moi
xenerosas, e aínda que estes móbiles de Samsung tendan á gama media, veñen de traer
ao mercado español o Samsung Galaxy M11, un móbil que case poderiamos
considerar de gama baixa, o que non lle impide presumir dunha pantalla
Infinity-O HD+ de 6,4 polgadas, cámara traseira tripla (cun sensor principal de
13 Mpíxeles, un grande angular de 5 Mpíxeles e unha cámara de profundidade de 2
Mpíxeles), cámara frontal de 8 Mpíxeles e, como detalle máis de agradecer, unha
batería de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts que sería máis que dabondo
para aguantar un día completo de uso (e até 2 días para moitos usuarios).
Pero cómpre advertir de que este móbil limita a súa RAM a só 3 GB e o seu
almacenamento interno a 32 GB (ampliable mediante tarxetas de memoria de até
512 GB), contando tamén con lector de impresións dixitais traseiros, ou sexa,
que sería un teléfono de entrada, que sae á venda oficialmente a 179
euros, aínda que xa
hai tendas españolas que o comercializan por menos de 160 euros, sendo
posible atopalo de
importación por uns 126 euros, de xeito que convértese nun dos terminais
máis atractivos para os que buscan un smartphone económico que teña moi boa
autonomía e non confíen en segundas marcas.