O Samsung Galaxy S chega con soporte de vÃdeo en alta definición
mércores, 24 de marzo do 2010
Samsung non casa
con ningún sistema operativo móbil, e tanto conta con plataformas de seu coma
emprega outras coma Android, e nesta última liña vén de presentar o seu
terminal GT-i9000, máis coñecido coma Samsung
Galaxy S, que supón un reforzo para o catálogo do fabricante
surcoreano que funciona con Android 2.1 acompañado por unha interface de
usuario propietaria de Samsung (TouchWiz) e polo distintivo with Google.
O Samsung Galaxy S incorpora unha funcionalidade chamada Social Hub que
facilita o uso de redes sociais dende o mesmo, permite accede ao Android
Market, integra Swipe coma método de entrada de datos e incluso pode operar
coma un reprodutor multimedia bastante completo, capaz de facer correr formatos
coma o Divx HD, Xvid, WMV, MP4, FLV, AVI e MKV.
No tocante ao seu hardware, estamos ante un terminal cunha pantalla SuperAMOLED
de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador a 1 GHz,
conectividade Bluetooth 3.0, Wi-Fi N e 3G, USB 2.0, A-GPS, cámara de 5 MpÃxeles
con enfoque automático e capaz de gravar vÃdeo a 720p a 30 imaxes por segundo,
cámara frontal para videochamadas, sintonizador de radio FM, sensores de
movemento, proximidade e luz ambiental, baterÃa de 1.500 mAh, lector de
tarxetas microSD (comercializarase con tarxetas de 8 ou 16 Gb), unhas medidas
de 64,2 x 122,4 x 9,9 milÃmetros e un peso de 118 gramos.